Sistema de notificacións electrónicas de galicia notifica. Gal

Xunta

Sistema de notificacións electrónicas de galicia notifica. Gal"

Play all audios:

Loading...

O sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal é o servizo que permite a cidadáns/ás, empresas e administracións públicas recibir, de forma áxil e sinxela, as notificacións


electrónicas enviadas pola Xunta de Galicia ou por calquera outra administración pública galega adherida a este sistema. PARA QUE SERVE ESTE SISTEMA? Con este servizo, calquera cidadán/á


pode solicitar, de forma voluntaria, que se lle remitan de forma electrónica as notificacións administrativas a través: * Do portal Notifica.gal * Do formulario co que inicia un procedemento


administrativo * En calquera momento posterior, tanto a través do portal como da "Carpeta do cidadán" da sede electrónica da Xunta (modelo "Modificación dos datos de


notificación") CANDO E CON QUE COLECTIVOS USARÁ ESTE SISTEMA A XUNTA DE GALICIA? A Xunta de Galicia remitirá as notificacións de resolucións e actos administrativos por medios


electrónicos e, en todo caso, cando a persoa interesada resulte obrigada a recibilas por esta vía.  A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións


públicas (artigo 14.2) e a Lei 4/2019, de administración dixital de Galicia (artigo 10) establecen a obrigatoriedade de recibir todas as notificacións por vía exclusivamente electrónica para


determinados colectivos. Isto aplica a: * Persoas xurídicas * Entidades sen personalidade xurídica * Profesionais colexiados/as * Empregados/as das administracións públicas (no exercicio


das súas funcións) * Traballadores/as autónomos/as (no exercicio da súa actividade profesional) * Estudantes universitarios/as (no exercicio da súa condición académica) * Persoas que


representen a algunha das anteriormente indicadas COMO FUNCIONA NOTIFICA.GAL? As notificacións realizaranse por medios electrónicos cando así o soliciten os/as cidadáns/ás e, en todo caso,


cando as persoas destinatarias resulten obrigadas. No caso de que se solicite recibir as notificacións por vía electrónica (ou no caso de pertencer a un colectivo obrigado) e cando


transcorresen 10 días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se accedese ao seu contido, a notificación entenderase como rexeitada. Se se elixe a vía postal as


notificacións tamén estarán dispoñibles en Notifica.gal por se desexa acceder a elas de forma electrónica. Neste caso non terá ningunha consecuencia o feito de non ter accedido a esas


notificacións vía electrónica. Notifica.gal remitirá ás persoas destinatarias os avisos da posta á disposición das notificacións, mediante un correo electrónico ou SMS dirixido á conta ou


número de móbil que consta na solicitude realizada. COMO ACCEDER A NOTIFICA.GAL? Para utilizar os servizos de Notifica.gal pode acceder ao portal https://notifica.xunta.gal Deberá dispoñer


dun usuario e clave no servizo Chave365 ou dun certificado de persoa física ou xurídica asociado ao NIF da persoa destinataria e comprobar que o seu navegador e sistema operativo cumpren con


estes requirimentos técnicos. O portal vaille permitir: * Acceder ás notificacións enviadas pola Xunta de Galicia ou por calquera das administracións públicas galegas adheridas a


Notifica.gal * Modificar o medio de notificación (postal ou electrónico) elixido para cada procedemento. * Autorizar a outra persoa a acceder no seu nome ás notificacións. * Actualizar os


seus datos persoais (correo electrónico, teléfono...), que son os que utiliza a plataforma para enviarlle avisos, recordatorios... * Darse de baixa (no caso de que non pertenza a un dos


colectivos obrigados a recibir notificacións electrónicas). COMO ACCEDER ÁS NOTIFICACIÓNS? Para poder acceder a unha notificación electrónica, deberá contar cun usuario e clave no servizo


Chave365 ou cun certificado electrónico de persoa física ou de persoa xurídica asociado ao NIF da persoa destinataria. Lembre que a través do portal de Notifica.gal tamén pode autorizar a


outra persoa a acceder ao contido das súas notificacións.


Trending News

Comisión de seguimento do acordo de concertación - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Funcionarización e promoción específica - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Información xeral - xunta de galicia

O persoal funcionario de carreira que se encontre a disposición ou adscrito provisionalmente a un posto de traballo terá...

Mesa xeral de negociación de empregados públicos

Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, na que se negocian materias comúns a funcionarios, estatutarios e pers...

Secretaría Xeral de Medios - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Latests News

Sistema de notificacións electrónicas de galicia notifica. Gal

O sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal é o servizo que permite a cidadáns/ás, empresas e admini...

Xeración e consulta de reclamacións

PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS Para xerar unha reclamación no concurso de traslados ten que seguir os seguintes pasos: * S...

Proceso de avaliación de riscos laborais

Proceso de avaliación de riscos laborais A Lei 31/95 de Prevención de Riscos Laborais establece que “a avaliación de ris...

Como conectarse á rede da xunta?

ACCESO Á REDE INTERNA Para traballar accedendo a todas as ferramentas e aplicacións que están dispoñibles dentro da rede...

Consellería de Economía e Industria - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Top