Como conectarse á rede da xunta?

Xunta

Como conectarse á rede da xunta?"

Play all audios:

Loading...

ACCESO Á REDE INTERNA Para traballar accedendo a todas as ferramentas e aplicacións que están dispoñibles dentro da rede interna da Xunta de Galicia, deberá solicitar e configurar no seu


equipo un acceso remoto seguro (VPN). Isto permitiralle acceder, por exemplo, á intranet corporativa ou a todas aquelas aplicacións que só están dispoñibles dentro da devandita rede. Se, a


maiores disto, conecta de forma remota o equipo da casa co do seu posto de traballo, iguálanse practicamente as condicións de traballo habituais, dispoñendo de todos os programas, recursos,


accesos a carpetas compartidas, documentos e permisos que usa diariamente no seu posto de traballo. Para acceder á rede interna siga os seguintes pasos: * SOLICITE O ACCESO Á REDE INTERNA A


TRAVÉS DUNHA VPN * Faga a solicitude enviando un correo electrónico a [email protected] indicando: * Asunto: Alta VPN * Nome e apelidos * DNI * Posto,Oficina e Partido Xudicial * IP


do equipo informático do posto de traballo * Despois das correspondentes verificacións, achegaráselle nunha mensaxe de correo electrónico as instrucións que deberá aplicar no seu equipo para


dispoñer do servizo. * CONFIGURE O EQUIPO DA CASA * Instale no ordenador da casa a aplicación que lle permitirá conectarse. Deberá descargala desde https://rpvxg.xunta.es. * Durante o


proceso solicitaráselle o seu usuario (o que utiliza de forma habitual para acceder ao seu equipo) e o contrasinal. * Para poder instalar a VNP nun equipo é necesario que este, previamente,


teña instalados unha serie de compoñentes. * Consulte o proceso, paso a paso, no VÍDEO DE AXUDA sobre como preparar un equipo Windows 10 para a instalación da VPN. * CONECTE O EQUIPO DA CASA


Á REDE CORPORATIVA * Identifíquese a través da aplicación que descargou no paso anterior mediante un certificado dixital ou co seu usuario e contrasinal da Xunta de Galicia. * Unha vez


establecida a conexión VPN, poderá acceder a través do navegador á intranet da Xunta de Galicia e ao resto de aplicacións web de xestión dispoñibles na rede interna. * ACCEDA AO SEU EQUIPO


DO TRABALLO ACCESO Á REDE TELEFÓNICA Para empregar o teléfono fixo do seu posto de traballo na Xunta ten dúas opcións: pode desvialo a outro teléfono (xa sexa corporativo ou persoal) para


atender as chamadas entrantes ou controlalo desde o seu ordenador persoal para facer e recibir chamadas como se estivese na oficina. DESVÍO DO TELÉFONO FIXO O desvío do seu teléfono permite


que as chamadas telefónicas que entran no teléfono do seu posto de traballo sexan recibidas noutro número, xa sexa fixou ou móbil (corporativo ou persoal). Desta forma poderá recibir


chamadas sen ter que atoparse fisicamente na oficina. COMO SE CONFIGURA? * DESDE A OFICINA: de atoparse aínda na oficina, vostede ou un/ha compañeiro/a pode configurar o desvío desta forma:


* Activar desvío: *22#00<nº ao que se quere desviar a chamada>#. Por exemplo, se quere desviar as chamadas ao teléfono 600123456, teclee *22#00600123456# * Desactivar desvío: #22# *


DESDE O SEU DOMICILIO: pode solicitar o desvío remitindo correo a [email protected] indicando: o seu nome completo, a extensión que quere desviar e o teléfono móbil/fixo ao que


desviar as chamadas. Nese último caso, para desactivar o desvío deberá igualmente solicitalo ao Centro de Servizos ao Usuario de Xustiza (CSU). CHAMADAS DE TELÉFONO USANDO O ORDENADOR A


Xunta de Galicia conta cunha aplicación corporativa que permite facer e recibir chamadas desde o ordenador do seu domicilio, conservando o número de teléfono do seu posto habitual. Para


empregar este servizo necesita que o seu ordenador dispoña de micrófono, altofalantes e conexión a internet. Siga os seguintes pasos: * SOLICITE O SERVIZO: diríxase ao CSU a través da conta


[email protected], indicando o seu nome completo, correo electrónico de contacto e extensión sobre a que realizar a xestión. Despois das correspondentes verificacións, o CSU


achegaralle nun correo electrónico as instrucións de uso do servizo. * CONFIGURE O SERVIZO: acceda a través da ligazón que lle facilitará por correo o CSU, xunto coa correspondente guía de


axuda. Non require a instalación de ningún programa. * COMECE A USALO: unha vez que teña acceso, cando alguén chame á extensión fixa do posto da oficina a chamada será automaticamente


redirixida ao seu ordenador do domicilio e mostrarase na pantalla deste. Poderá contestar a través deste servizo e falar usando o micrófono e os altofalantes. Tamén poderá facer chamadas


desde o programa, e os destinatarios verán a chamada realizada desde o teléfono fixo da oficina.


Trending News

Secretaría Xeral de Medios - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Información xeral - xunta de galicia

O persoal funcionario de carreira que se encontre a disposición ou adscrito provisionalmente a un posto de traballo terá...

Comisión de seguimento do acordo de concertación - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Xeración de solicitudes de participación e elección de postos

No caso de dúbidas xerais ou técnicas pode poñerse en contacto nos teléfonos indicados ou remitir un correo electrónico....

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Latests News

Comisións de persoal - xunta de galicia

Os acordos, de ser o caso, son aprobados na Comisión de Persoal da Xunta de Galicia. Este é un órgano composto polos sec...

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Funcións de categoría superior - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Consellería do mar - xunta de galicia

Resolución do 16 de febreiro de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 d...

Ano 2014 - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Top