Introdución - xunta de galicia

Xunta

Introdución - xunta de galicia"

Play all audios:

Loading...

Este manual de identidade corporativa responde aos criterios que se fixan no Decreto 112/2021, do 22 de xullo, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da


Xunta de Galicia. Neste documento inclúense os aspectos constitutivos da identidade visual que conforman a imaxe corporativa institucional da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia


e ten por obxecto a definición e regulamento dos usos e aplicacións dos símbolos corporativos da Xunta. Os elementos básicos desta identidade son: o escudo, elemento protexido pola Lei de


Símbolos de Galicia e que actuará como unidade mínima de identificación, o logotipo corporativo formado pola expresión Xunta de Galicia e unha tipografía propia, a Xunta Sans, que será


pública e accesible a todo o mundo. A súa conxugación fará posible a representación visual da marca Xunta de Galicia e de todas as marcas que compoñen a arquitectura institucional. O manual


de identidade corporativa é un documento de uso ineludible na aplicación dos elementos de identidade corporativa que nel se definen, dado o seu carácter normativo. Pero sobre todo, é una


guía de consulta á que se debe acudir para garantir o bo uso da imaxe gráfica da Xunta de Galicia de de todas as marcas que forman parte da administración autonómica. O seguimento das pautas


reunidas neste manual sobre os usos permitidos e non permitidos de símbolo e logotipo garante que non se distorsionará a identidade visual da Xunta de Galicia, así como as normas de


convivencia con logotipos e identidades pertencentes a outros entes e organismos integrantes do sector público galego. Todas as reproducións que se fagan dos diferentes elementos do manual


deberán ser sempre copia fiel do orixinal e das súas posibles versións, e produciranse sempre coa mellor calidade que ofreza o soporte no que se plasmen, sexa impresión, en pantalla, etc. As


pezas non definidas neste manual realizaranse respectando os criterios xerais e o estilo marcado por este. O seu uso é obrigado para todos os departamentos da Xunta de Galicia na definición


de elementos gráficos de comunicación, así como para os fornecedores de soportes gráficos, como: axencias de publicidade, estudios de deseño gráfico, imprentas, creadores audiovisuais, etc.


 


Trending News

Consulta de novas de concursos de traslados - Xunta de Galicia

Desde esta aplicación poderá consultar, a través do seu NIF, o código do concurso e o ano, seleccionado entre os concurs...

Xeración de reclamacións - xunta de galicia

PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS Para xerar unha reclamación no concurso de traslados ten que seguir os seguintes pasos: * S...

Situacións administrativas do persoal funcionario

As persoas funcionarias poden estar nalgunha das seguintes situacións: * Servizo activo. * Servizos especiais. * Servizo...

Temas - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Estrutura da presidencia - xunta de galicia

Alfonso Rueda Valenzuela Presidente da Xunta de Galicia * Secretaría particular * Departamento de Protocolo * Edificios ...

Latests News

Consulta das citacións electrónicas - xunta de galicia

Orde do 17 de setembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 1 de xuño de 2020, pola que se declara a entrada en vigor ...

Ano 2013 - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Funcións de categoría superior - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Ano 2023 - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Situacións administrativas do persoal laboral - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Top