Xeración de reclamacións - xunta de galicia
Xeración de reclamacións - xunta de galicia"
Play all audios:
PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS Para xerar unha reclamación no concurso de traslados ten que seguir os seguintes pasos: * Se aparece unha mensaxe solicitando a instalación do cliente @FIRMA,
prema sobre "ACEPTAR" e peche o navegador despois de que finalice a instalación. * A aplicación pediralle primeiro o seu NIF. Deberá introducir o número do NIF e a letra nos cadros
correspondentes. * A continuación deberá escoller o proceso sobre o que quere reclamar, que neste caso será "Concurso de traslados". * Finalmente seleccionará a fase activa do
concurso sobre a que quere reclamar, polo que a aplicación mostraralle un formulario da reclamación, que deberá cubrir, premer sobre o botón "Gravar e imprimir", asinala e
presentala directamente na aplicación. A reclamación pode vir acompañada de xustificación documental que deberá ser un documento ou copia electrónica auténtica asinados electronicamente. Se
a documentación orixinal está en formato papel, que non fose posible entregar de modo electrónico, deberá presentarse presencialmente en rexistro para que xere unha copia electrónica
auténtica do documento. CONSULTA DE RECLAMACIÓNS Cada unha das reclamacións presentadas ten asignado un código xerado polo sistema co que pode consultar o estado da súa reclamación en
calquera momento. A resposta á reclamación será visible a partir da publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ou da publicación da adxudicación de postos, segundo
sexa a fase na que se presente a reclamación. No caso de dúbidas xerais ou técnicas pode poñerse en contacto nos teléfonos indicados ou remitir un correo electrónico.
Trending News
Consulta de novas de concursos de traslados - Xunta de GaliciaDesde esta aplicación poderá consultar, a través do seu NIF, o código do concurso e o ano, seleccionado entre os concurs...
Exército nigeriano mata 14 supostos terroristas de seita islamitaO Exército nigeriano matou 14 supostos terroristas da seita islamita Boko Haram durante uma operação na casa na qual se ...
Xeración de reclamacións - xunta de galiciaPRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS Para xerar unha reclamación no concurso de traslados ten que seguir os seguintes pasos: * S...
Situacións administrativas do persoal funcionarioAs persoas funcionarias poden estar nalgunha das seguintes situacións: * Servizo activo. * Servizos especiais. * Servizo...
Temas - Xunta de GaliciaATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...
Latests News
Ano 2014 - Xunta de GaliciaATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...
Competencias - xunta de galiciaCompetencias * O deseño, implantación e aplicación do Plan de Prevención de Riscos Laborais * A avaliación de riscos * A...
Concursos de traslados - xunta de galiciaInstrucións relativas á relación de concellos xeograficamente limítrofes para os efectos dos concursos de traslados Inst...
Recomendacións de ciberseguridade - xunta de galiciaNo desempeño do teletraballo é importante seguir unha serie de RECOMENDACIÓNS DE CIBERSEGURIDADE co fin de PROTEXER A IN...
Enquisa aos traballadores/as - xunta de galiciaA Lei 31/1995, de 8 de novembro de prevención de riscos laborais, no seu artigo 14, sinala que os dereitos de informació...