Compatibilidade para persoal da xunta

Xunta

Compatibilidade para persoal da xunta"

Play all audios:

    

PRINCIPIOS XERAIS * Dedicación do persoal ao servizo da Administración a un só posto de traballo. * Dúas remuneracións públicas son incompatibles sempre, agás os supostos de excepción


taxados pola Lei 53/1984, do 26 de decembro. (Enténdese por remuneración calquera dereito de contido económico derivado, directa ou indirectamente, dunha prestación ou servizo persoal, sexa


a súa contía fixa ou variable e  a súa devindicación periódica ou ocasional). * Incompatibilidade con calquera outra actividade cuxo exercicio impida ou menoscabe a imparcialidade ou


independencia ou o cumprimento dos deberes na Administración. QUEN DEBE SOLICITAR A COMPATIBILIDADE? O persoal ao servizo da administración da Xunta de Galicia, dos seus organismos


autónomos, entidades, corporacións de dereito público, fundacións e consorcios cuxos presupostos se doten ordinariamente en máis dun 50% con fondos públicos, así como en empresas nas que a


participación do capital, directa ou indirectamente, das Administracións públicas sexa superior ao 50%, calquera que sexa a natureza xurídica e duración da relación de emprego (funcionario,


interino, eventual, laboral, estatutario, docente...) que pretenda realizar calquera outra actividade simultaneamente. CANDO DEBE SOLICITARSE A COMPATIBILIDADE? Sempre con carácter previo ao


inicio da segunda actividade, pois a lei esixe, para simultanear dúas actividades, ter a correspondente autorización ou recoñecemento. COMO SE SOLICITA A COMPATIBILIDADE? Mediante o modelo


normalizado de solicitude de compatibilidade que pode descargar aquí en formato .docx. CAL É O PRAZO DE RESOLUCIÓN DA SOLICITUDE? * Solicitudes de autorización de compatibilidade para unha


segunda actividade no sector público: catro meses. * Solicitudes de recoñecemento de compatibilidade para actividades privadas: tres meses. EXISTEN ACTIVIDADES QUE PODO REALIZAR E QUE NON


PRECISAN AUTORIZACIÓN DE COMPATIBILIDADE? Única e exclusivamente as definidas no artigo 19 da Lei 53/1984 e nos termos que constan nese artigo, sempre que se realicen fóra do horario de


traballo e sen prexuízo da obriga do estrito cumprimento dos deberes xerais e especiais do persoal ao servizo da Administración, e das limitacións establecidas no artigo 12 da Lei 53/1984.


Son as seguintes: * Administración do patrimonio persoal ou familiar (exemplo: socio capitalista dunha sociedade anónima). * Dirección de seminarios, ditado de cursos ou conferencias en


centros oficiais destinados á formación de funcionarios ou profesorado, sempre que non teñan carácter permanente ou habitual nin supoñan máis de 75 horas ao ano. * Preparación para o acceso


á función pública cando teña unha duración inferior a 75 horas ao ano. * A participación en tribunais cualificadores de probas selectivas para ingreso nas Administracións públicas. * A


participación do persoal docente en exames, probas ou avaliacións distintas ás que habitualmente lle correspondan. * O exercicio do cargo de presidente, vogal ou membro de xuntas reitoras de


mutualidades ou padroados de funcionarios, sempre que non sexa retribuído. * A produción e creación literaria, artística, científica e técnica, así como as publicacións derivadas daquelas,


sempre que non se orixinen como consecuencia dunha relación de emprego ou de prestación de servizos. * A participación ocasional en coloquios e programas en calquera medio de comunicación


social. * A colaboración e a asistencia ocasional a congresos, seminarios, conferencias ou cursos de carácter profesional. No artigo 3 do Real decreto 2005/1986, do 25 de setembro,


establécese que queda exceptuada do réxime de incompatibilidades a actividade titorial na UNED, sempre que non sexa superior a 75 horas ao ano. NORMATIVA NORMATIVA XERAL * Lei 53/1984, do 26


de decembro, sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas (BOE nº 4, do 4 de xaneiro de 1985). * Decreto 22/1985, do 14 de febreiro, sobre aplicación da Lei


de incompatibilidades na Administración galega (DOG nº 44, do 2 de marzo de 1985). * Real decreto 598/1985, do 30 de abril, sobre incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración


do Estado, da Seguridade Social e dos entes, organismos e empresas dependentes (BOE nº 107, do 4 de maio de 1985). * Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, polo que se establecen as bases


xerais do réxime de concertos entre as Universidades e as Institucións sanitarias, modificado polo Real Decreto 1652/1991, do 11 de outubro (BOE nº 182, do 31 de xullo de 1986) (BOE do 21 de


novembro de 1991). * Disposición transitoria novena da Lei do emprego público de Galicia. * Decreto 11/1995, do 20 de xaneiro, polo que se regula o réxime de percepción do complemento


específico para o persoal estatutario do Sergas (DOG nº 17, do 25 de xaneiro de 1995). NORMATIVA ESPECÍFICA * Decreto 165/1988, do 16 de xuño, polo que se declara de interese público, para


efectos do previsto no artigo 3 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, a impartición de cursos de formación en lingua galega para os funcionarios da Comunidade Autónoma galega. (DOG nº 123, do


29 de xuño de 1988). * Decreto 39/1994, do 17 de febreiro, polo que se declara de interese público a actividade realizada nas escolas de música e nos conservatorios de música dependentes dos


concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, (DOG nº 41, 01 de marzo de 1994). * Decreto 181/2006, do 19 de outubro, polo que se declara de interese público a compatibilidade de impartición


de ensinanzas de música e artes escénicas, artes plásticas e deseño coa actividade realizada noutro posto de sector público cultural (DOG nº 208, do 27 de outubro de 2006).


Trending News

Accidentes de traballo - xunta de galicia

Se lle corresponde a vostede a Mutua Gallega solicitará o talón ao departamento de persoal para presentalo no centro asi...

Competencias - xunta de galicia

Competencias * O deseño, implantación e aplicación do Plan de Prevención de Riscos Laborais * A avaliación de riscos * A...

Exercicio de dereitos - xunta de galicia

A Xunta de Galicia garantirá e facilitará en todo momento á cidadanía o exercicio dos seus dereitos en materia de protec...

Información xeral - xunta de galicia

As persoas candidatas que desexen participar no proceso selectivo deberán posuír e/ou cumprir, o día de finalización do ...

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Latests News

Compatibilidade para persoal da xunta

PRINCIPIOS XERAIS * Dedicación do persoal ao servizo da Administración a un só posto de traballo. * Dúas remuneracións p...

Información xeral - xunta de galicia

Na Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia inclúese a Disposición adicional décimo sétima. Modalidade ...

Introdución - Xunta de Galicia

Este manual de identidade corporativa responde aos criterios que se fixan no Decreto 112/2021, do 22 de xullo, polo que ...

Ano 2024 - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Ano 2009 - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Top