Todos os presidentes da xunta de galicia

Xunta

Todos os presidentes da xunta de galicia"

Play all audios:

    

Naceu en A Coruña o 8 de agosto de 1948. É doutor en Ciencias Económicas e profesor numerario na Universidade de Santiago de Compostela, onde foi Vicerreitor para Asuntos Económicos. Está


casado e ten dous fillos. Ten realizado estudos de especialización no Instituto de Investigación e Planificación do Desenvolvemento na Universidade de Grenoble –Francia. É autor de numerosos


estudos sobre a economía e a sociedade galega, e como experto en desenvolvemento rexional e economía agraria no marco da Unión Europea. Premio Nacional de Publicacións Agrarias en 1982.


Pérez Touriño dirixiu, asemade, traballos e publicacións en relación coas infraestruturas e o crecemento económico de Galicia. Comprometido dende a súa mocidade cos movementos democráticos


de loita coas liberdades, dirixente estudantil e activo militante progresista durante a transición democrática, participou directamente no proceso do Estatuto de Autonomía de Galicia e nos


pactos do Hostal que o posibilitaron. Posteriormente, na súa traxectoria política cumpre sinalar a súa participación nos gobernos socialistas dende 1985 a 1994. Foi subsecretario do


Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións, pasando despois a desenvolver a súa actividade na Secretaría Xeral de Infraestruturas do Ministerio de Obras Públicas, Transporte e Medio


Ambiente. Nesta época asumiu a responsabilidade das grandes obras de infraestruturas viarias e ferroviarias da modernización de España. É precisamente como responsable de Infraestruturas


dende onde asumiu a tarefa de finaliza-la Autopista do Atlántico, a execución das autovías de enlace con Galicia coa Meseta e os convenios coas grandes cidades galegas. En 1997, cando era


Deputado en Cortes, renunciou ó seu escano no Congreso dos Deputados para participar no proceso electoral autonómico dese mesmo ano como integrante na candidatura do PSdeG. Sae elixido


deputado e convértese no Portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia. En outubro de 1998 é proclamado Secretario Xeral por unha ampla maioría, sendo reelexido no 2000 e no


2004.


Trending News

Estatuto de autonomía de galicia - título i: do poder galego

ARTIGO 9 * Os poderes da Comunidade Autónoma exércense a través do Parlamento, da Xunta e do seu Presidente. * As leis d...

Instrucións operativas - xunta de galicia

As instrucións operativas son documentos técnicos dirixidos á realización de actividades específicas nas condicións idón...

Nodo de interoperabilidade de Galicia - PasaXe! - Xunta de Galicia

A cooperación entre as Administracións públicas é esencial para proporcionar servizos aos cidadáns, garantíndolles o seu...

Información xeral - Xunta de Galicia

O Decreto 37/2006, do 2 de marzo regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño transitorio de prazas reservad...

Consellería do Mar - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Latests News

Todos os presidentes da xunta de galicia

Naceu en A Coruña o 8 de agosto de 1948. É doutor en Ciencias Económicas e profesor numerario na Universidade de Santiag...

Aplicacións informáticas - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Ano 2013 - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Consello de contas - xunta de galicia

Consello de Contas de Galicia O CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA, ente fiscalizador das contas e da xestión económico-finan...

Fase 1. Identificación xeral dos riscos laborais

Esta fase ten por obxecto a identificación xeral dos riscos na empresa. A unidade de estudo dos riscos é o posto de trab...

Top