Ferramentas para o teletraballo - Xunta de Galicia
Ferramentas para o teletraballo - Xunta de Galicia"
- Select a language for the TTS:
- Brazilian Portuguese Female
- Brazilian Portuguese Male
- Portuguese Female
- Portuguese Male
- Language selected: (auto detect) - PT
Play all audios:
A Xunta de Galicia conta con ferramentas propias que facilitan o traballo desde fóra do seu posto habitual. Moitas delas están accesibles desde internet, sen necesidade de acceder á rede
interna, como o correo corporativo, o portal do empregado PortaX e o portal de axuda AxudoT, así como outras ferramentas transversais ou específicas da súa área de traballo. Se a ferramenta
que quere empregar require conexión á rede interna, siga os pasos da páxina "Como conectarse á rede da Xunta?".
Para unha relación máis ampla dos recursos dispoñibles, consulte o apartado "Ferramentas" da intranet corporativa: https://intranet.xunta.gal/ferramentas.
As comunicacións a través de videoconferencias simulan reunións presenciais, nas que poden participar persoas de dentro e fóra da organización. Se é unha das persoas convocadas simplemente
ten que conectarse ao enderezo que reciba coa convocatoria e participar. Se quere convocar reunións, necesitará solicitar a alta nalgunha das aplicacións corporativas empregadas para este
fin.
A ferramenta usada na Xunta de Galicia para reunións do día a día é Falemos. Pódese empregar tanto para reunións virtuais entre as persoas empregadas públicas como con persoal externo
(cidadáns e cidadás, empresas ou outros organismos). Para empregar estas ferramentas recoméndase dispor de cámara web, altofalante e micrófono.
Tamén dispón de ferramentas que lle permiten compartir arquivos. Se dispón de acceso á rede corporativa da Xunta pode utilizar XuntArquivos, que lle permite enviar ou recibir ficheiros de
gran tamaño, ou opcións como AmtegaBox para compartir documentación.
A sinatura electrónica de documentos pode facerse desde a casa. Unha vez conectadas á VPN tanto as persoas que poñen documentos á firma como as que os asinan dispoñen de acceso ao
portasinaturas corporativo. Para asinar é necesario dispor dun certificado electrónico: pode utilizar a súa tarxeta de empregado/a público/a ou outro certificado recoñecido, como por exemplo
da FNTM.
Tamén pode asinar documentos con persoas alleas á organización (outras administracións, empresas...), para o que dispón do servizo de Sala de Sinaturas.
A maioría das ferramentas utilizadas no ámbito da administración electrónica van requirir de acceso á rede interna da Xunta de Galicia por razóns de seguridade, confidencialidade,
interoperabilidade... Asinar electronicamente, xestionar expedientes no seu sistema de tramitación habitual, enviar notificacións electrónicas ou consultar as plataformas de intermediación
de datos son exemplos de tarefas compatibles coa modalidade de teletraballo. Para poder usalas, siga os pasos descritos na páxina "Como conectarse á rede da Xunta?".
Trending News
Temer sanciona projetos que concedem R$ 1,2 bilhão a órgãos do governoEntrarCadastroNotíciasColunasArtigosInformativo Estados Apoiadores Radar Quem Somos Fale Conosco EntrarNotíciasColunasAr...
Nayara visita jogadores durante treino do santosA adolescente NAYARA SILVA, de 15 anos, que ficou refém entre os dias 13 e 17 de outubro em SANTO ANDRÉ, no ABC, visitou...
Fundo de Financiamento da DemocraciaEntrarCadastroNotíciasColunasArtigosInformativo Estados Apoiadores Radar Quem Somos Fale Conosco EntrarNotíciasColunasAr...
Presidente da Câmara de Juiz de Fora é indiciado por formação de quadrilha | O TEMPOO presidente da Câmara Municipal de Juiz de Fora, Vicente de Paula Oliveira (PTB), o Vicentão, foi indiciado, nesta terç...
Congresso em FocoEntrarCadastroNotíciasColunasArtigosInformativo Estados Apoiadores Radar Quem Somos Fale Conosco EntrarNotíciasColunasAr...
Latests News
Congresso em FocoEntrarCadastroNotíciasColunasArtigosInformativo Estados Apoiadores Radar Quem Somos Fale Conosco EntrarNotíciasColunasAr...
Ferramentas para o teletraballo - Xunta de GaliciaA Xunta de Galicia conta con ferramentas propias que facilitan o traballo desde fóra do seu posto habitual. Moitas delas...
Prefeito nega diárias por três viagens no mesmo dia | O TEMPOMais Lidas Política em Minas e no Brasil - Brasília, Congresso, ALMG, Câmara de BH e os bastidores Secretário de Zema co...
Motorista morre em acidente em santa catarinaUm motorista de 34 anos morreu em um acidente no quilômetro 227 da BR-282 em LAGES (SC), nesta quinta-feira (3). Segundo...
Portal garante que vaidade de Renato Gaúcho pode ser trunfo para o FlamengoQue notícia ridícula. kkkkkkk. Estão malucos por um clik. Palhaços.Cara quem está falando Renato é a imprensa …. em nenh...