Ferramentas para o teletraballo - xunta de galicia
Ferramentas para o teletraballo - xunta de galicia"
- Select a language for the TTS:
- Brazilian Portuguese Female
- Brazilian Portuguese Male
- Portuguese Female
- Portuguese Male
- Language selected: (auto detect) - PT
Play all audios:
A Xunta de Galicia conta con ferramentas propias que facilitan o traballo desde fóra do seu posto habitual. Moitas delas están accesibles desde internet, sen necesidade de acceder á rede
interna, como o correo corporativo ou a Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza, así como outras ferramentas transversais ou específicas da súa área de traballo. Se a
ferramenta que quere empregar require conexión á rede interna, siga os pasos da páxina "Como conectarse á rede da Xunta?". Para unha relación máis ampla dos recursos dispoñibles,
consulte a intranet de Xustiza https://intranet.xustiza.gal. VIDEOCONFERENCIA E SALAS VIRTUAIS DE REUNIÓNS As comunicacións a través de videoconferencias simulan reunións presenciais, nas
que poden participar persoas de dentro e fóra da organización. Se é unha das persoas convocadas simplemente ten que conectarse ao enderezo que reciba coa convocatoria e participar. Se quere
convocar reunións, necesitará solicitar a alta nalgunha das aplicacións corporativas empregadas para este fin. As ferramentas dispoñibles para videoconferencias permiten compartir a pantalla
do equipo, co que se apoia visualmente a conversa (para mostrar presentacións, documentos, pantallas de aplicacións ou portais...). Tamén é posible que unha persoa acceda mediante unha
chamada telefónica. As utilidades destas aplicacións fan que a reunión transcorra como se fose de xeito presencial, recomendándose neste caso dispor de cámara web, altofalante e micrófono.
COMPARTIR ARQUIVOS Tamén dispón de ferramentas que lle permiten compartir arquivos. Se dispón de acceso á rede corporativa da Xunta pode utilizar XuntArquivos, que lle permite enviar ou
recibir ficheiros de gran tamaño, ou opcións como AmtegaBox para compartir documentación. SINATURA ELECTRÓNICA A sinatura electrónica de documentos pode facerse desde a casa. Unha vez
conectadas á VPN tanto as persoas que poñen documentos á firma como as que os asinan dispoñen de acceso ao portasinaturas corporativo de Xustiza. Para asinar é necesario dispor dun
certificado electrónico: pode utilizar a súa tarxeta de empregado/a público/a ou outro certificado recoñecido, como por exemplo da FNTM. Tamén pode asinar documentos con persoas alleas á
organización (outras administracións, empresas...), para o que dispón do servizo de Sala de Sinaturas. ADMINISTRACIÓN XUDICIAL ELECTRÓNICA A maioría das ferramentas utilizadas no ámbito da
administración xudicial electrónica van requirir de acceso á rede interna da Xunta de Galicia por razóns de seguridade, confidencialidade, interoperabilidade... Asinar electronicamente,
xestionar expedientes no seu sistema de tramitación habitual, enviar notificacións electrónicas ou consultar as plataformas de intermediación de datos son exemplos de tarefas compatibles coa
modalidade de teletraballo. Para poder usalas, siga os pasos descritos na páxina "Como conectarse á rede da Xunta?".
Trending News
França lembra os 70 anos da rendição da alemanha nazistaCom um ato solene aos pés do Arco do Triunfo, o presidente francês, François Hollande, lembrou nesta sexta-feira (8), ju...
Qualquer medida de desoneração vai ter compensação, diz secretário do tesouroO secretário do Tesouro Nacional, Bruno Funchal, afirmou nesta quinta-feira (25) que qualquer medida de desoneração de i...
Câmara de comércioNa semana passada a Câmara dos Deputados aprovou regime de urgência para o projeto de legalização dos bingos com ...
Projeto de lei garante ensino em casa a deficientesO Senado concluiu ontem a votação do projeto de lei que garante educação em domicílio a deficientes que, por incapacidad...
Homenagem a atleta mobiliza o guarapuavaMarço de 2010: o time de Guarapuava vira notícia internacional: o jogador de futsal Robson Rocha Costa morre de hemorr...
Latests News
Ferramentas para o teletraballo - xunta de galiciaA Xunta de Galicia conta con ferramentas propias que facilitan o traballo desde fóra do seu posto habitual. Moitas delas...
Ciro gomes vai lançar manifesto em defesa de sua candidatura nesta segunda-feira (26)O candidato do PDT à Presidência, Ciro Gomes, vai divulgar nesta segunda-feira (26) um “Manifesto à Nação” em defesa de ...
Cuba inicia referendo sobre casamento gay, adoção por homossexuais e barriga de aluguelO referendo sobre casamento gay, adoção por casais do mesmo sexo e barriga de aluguel, entre outros temas, começou neste...
Coaf: como funciona o órgão que combate a lavagem de dinheiro e o financiamento ao terrorismoO Conselho de Controle de Atividades Financeiras, conhecido como COAF, é um órgão brasileiro responsável por promover a ...
Como ronald reagan articulou a derrocada do comunismoNo verão de 1997, um imigrante ucraniano que passeava com seu neto num parque perto de onde o ex-presidente americano Ro...