Prestación económica por risco durante o embarazo e a lactación natural

Xunta

Prestación económica por risco durante o embarazo e a lactación natural"


Play all audios:

Loading...

Formulario de avaliación de riscos no posto de traballo para solicitar a prestación por risco durante o embarazo ou a lactación natural ODT (145 Kb) -   PDF  (222 Kb) A Disposición Adicional


Décimo Oitava da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, deu unha nova redacción aos artigos 134 e 135 do Texto Refundido da Lei Xeral da


Seguridade Social, relativos á prestación por riscos durante o embarazo ou a lactación natural. Ámbito de aplicación Atopámonos ante un protocolo que só será de aplicación a embarazos de


mulleres sas (suspensión de contrato e prestación por risco durante o embarazo) quedando excluídos os embarazos de riscos ou aquelas outras situacións que, con orixe non profesional,


puidesen incidir no embarazo ou lactación (incapacidade temporal por enfermidade común). Terán dereito a esta prestación: * As traballadoras por conta allea do Réxime Xeral da Seguridade


Social e dos Réximes especiais da Seguridade Social. * As traballadoras autónomas e traballadoras por conta propia dos sectores do mar e agrario. * As traballadoras da Administración do


Estado e o persoal estatutario dos Servizos de Saúde. Concepto O risco durante o embarazo e lactación natural son situacións nas que se atopan as traballadoras que, debendo cambiar de posto


de traballo por outro compatible ao influír este negativamente no seu estado de saúde ou na do feto, non sexa posible quedando o contrato en suspenso nos termos establecidos no artigo 26.3


da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Esta situación deberá ser acreditada pola entidade xestora (colaboradora) coa que a empresa ten concertados os riscos


profesionais. Cantidade a percibir A prestación económica por riscos durante o embarazo consiste no abono dun subsidio equivalente ao 100% da base reguladora do accidente de traballo do mes


anterior ao inicio da prestación e non se require un período mínimo de cotización á Seguridade Social ao considerarse continxencia profesional. Competencia O recoñecemento e abono das


prestacións correspóndelle á entidade que xestiona as continxencias profesionais que na maior parte das empresas corresponde ás Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais


asociadas á empresa. No caso de que a xestión non lle competa a ningunha Mutua, esta prestación será xestionada polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), que ata a Lei 3/2007 era


o encargado de xestionalas. Efectos A suspensión do contrato da traballadora por riscos durante o embarazo ou lactación natural exonera das obrigas de traballar (traballadora) e remunerar


(empresario/a). Durante esta situación o/a empresario/a está obrigado/a a continuar coa cotización da traballadora á seguridade social. Tamén implica a reserva do posto, polo que a


traballadora poderá incorporase ao seu posto de traballo. Será nulo o despido durante o período de suspensión do contrato por risco durante o embarazo e lactación, salvo que neses casos se


declare a procedencia por motivos non relacionados co embarazo e a lactación natural. Duración * A prestación por risco durante o embarazo comeza o día no que se inicia a suspensión do


contrato e finaliza o día anterior ao que se inicie o permiso por maternidade tras dar a luz ou o día da reincorporación da traballadora a un posto compatible co seu estado sempre que


proceda. * A prestación por risco durante a lactación natural terá unha duración máxima ata que o/a fillo/filla cumpra os 9 meses ou cando a traballadora se incorpore ao seu posto, por


desaparecer o risco que motivou esta situación, ou a outro posto compatible co seu estado na empresa.  Extinción * Por extinción do contrato de traballo por causas legais. * Por causar baixa


no réxime da seguridade social. * Falecemento da beneficiaria. * Cando a beneficiaria actuase fraudulentamente para obter ou conservar o subsidio. Conclusión A prestación económica por


risco durante o embarazo ou risco durante a lactación natural trata de protexer a saúde das mulleres traballadoras, do feto e do/a recén nacido/a, así como de cubrir a perda producida


durante o período de suspensión do contrato debido a que durante esta situación a traballadora se atopase cunha perda de ingresos.


Trending News

Janot chama de ‘estapafúrdia’ insinuação de que vazou pedido de prisão de cúpula do pmdb

Num discurso cheio de recados, o procurador-geral da República, Rodrigo Janot, defendeu seu trabalho, afirmou que é alvo...

Os planos do governo tarcísio para a tv cultura

Palco de conflitos com o governo de Tarcísio de Freitas (Republicanos) principalmente devido ao viés esquerdista na prog...

Datafolha: mesmo cassado, arruda lidera disputa no df

O ex-governador José Roberto Arruda (PR) lidera a disputa pelo governo do Distrito Federal, mesmo com o registro de sua ...

Chuva provoca queda de barreira em rodovia no es

A FORTE CHUVA que atinge a região do ESPÍRITO SANTO provocou a queda de uma barreira e de uma árvore no quilômetro 452 d...

Prazo eleitoral força ratinho junior a trocar 6 secretários que almejam candidatura

O Diário Oficial do Estado desta quinta-feira (31) tornam públicas as primeiras exonerações no governo do estado por con...

Latests News

Prestación económica por risco durante o embarazo e a lactación natural

Formulario de avaliación de riscos no posto de traballo para solicitar a prestación por risco durante o embarazo ou a la...

Ex-prefeito de porecatu vai ter que devolver mais de r$ 170 mil aos cofres públicos

O ex-prefeito de PORECATU, no interior do PARANÁ, DARIO DI MIGUELI LUNARDELLI (PSL) terá que devolver R$ 173.994,81 aos ...

Jazigo de arraes será modificado para receber campos

"Vão mexer em tudo. Mas depois se arruma", a pernambucana Ivanise Barros, de 52 anos, não entendeu nada quando...

Imprensa afirma que inteligência alemã grampeou hillary sem querer

Hillary Clinton teve ao menos um telefonema grampeado pelos serviços de inteligência alemães enquanto era secretária de ...

Morre o americano jay adams, lenda do skate

Considerado o mais técnico dos skatistas do Z-Boys, Jay Adams não alcançou o mesmo sucesso que os companheiros Stacy Per...

Top