Electricidade estática - xunta de galicia
Electricidade estática - xunta de galicia"
- Select a language for the TTS:
- Brazilian Portuguese Female
- Brazilian Portuguese Male
- Portuguese Female
- Portuguese Male
- Language selected: (auto detect) - PT
Play all audios:
Que é a electricidade estática? Toda a materia está composta por átomos e estes por partículas máis pequenas, entre estas están os electróns (que teñen carga negativa) e os protóns (con
carga positiva). Algúns tipos de materiais están compostos por átomos que perden con máis facilidade os seus electróns e estes poden pasar dun átomo a outro. En termos sinxelos, a
electricidade non é outra cousa que electróns en movemento, cando estes se moven créase unha corrente eléctrica, isto é o que sucede nos cables que a transportan. Os materiais condutores
permiten o paso das cargas eléctricas, mentres que os illantes a obstaculizan. Falamos de corrente eléctrica cando os electróns flúen a través dun condutor, pero cando se xeran cargas
eléctricas e estas non flúen a través dun material condutor entón os corpos acumulan carga. Isto é o que se denomina electricidade estática. Os corpos cargados con cargas de igual signo
(-),(-) ou (+),(+) vanse repeler mentres que os corpos cargados con signo diferente (+),(-) atráense. Como se pode xerar a electricidade estática e descarga? Ata agora indicamos como os
corpos poden adquirir carga pero estas cargas só se van acumular cando se trata de materiais non-condutores ou ben de corpos condutores illados. De producirse unha continua acumulación de
cargas nun corpo sen que estas se disipen ou fluan a outros corpos, ao poñerse este en contacto cun material condutor producirase unha descarga que pode ser de maior ou menor intensidade en
función da cantidade de carga acumulada, polo que se poderá incluso xerar unha chispa visible e audible. Dado que o corpo humano é un bo condutor pódense dar dúas situacións: * Que actúe
como medio condutor (cable eléctrico) permitindo o tránsito de carga eléctrica dun corpo cargado a terra; * Se se atopa illado (por exemplo con calzado de goma), pode acumular carga
electrostática que se disipará ao poñerse en contacto con algún elemento posto a terra (porta, armario, outra persoa...) En ambas situacións, a persoa percibe unha descarga eléctrica posto
que o seu corpo é percorrido por unha intensidade de corrente. Electricidade estática nas oficinas Hai diversas situacións en que se poden xerar cargas electrostáticas nas tarefas propias do
traballador de oficina como poden ser: * Por fricción dos tecidos da cadeira e o da nosa propia roupa, ao sentar e levantarse de cadeiras de traballo. * Por contacto con equipos que xeran
cargas electrostáticas no seu propio funcionamento (fotocopiadoras, impresoras..), monitores de ordenador ou televisión convencionais, pequenos electrodomésticos con mala conexión a terra,
etc. Estas cargas electrostáticas poden acumularse nas persoas, en maior ou menor cantidade, segundo os seguintes condicionantes: * Polo tipo de roupa que utilicemos: a roupa con baixa
condutividade (isto pasa con fibras sintéticas, la, seda) vai favorecer a acumulación de cargas. * Polo tipo de calzado: as solas de coiro son mellores condutoras da electricidade evitando a
acumulación de carga, mentres que as de goma son máis illantes favorecendo a súa acumulación. * Polas propias características físicas das persoas: sudación, estado da súa pel (seca,
húmida). * Pola baixa condutividade dos pavimentos. Esta baixa condutividade pode ser debida á propia natureza do mesmo pavimento ou como consecuencia de enceralos. * Pola humidade
ambiental. Os ambientes con humidade relativa alta (superiores ao 50 ou 60%) son bos condutores da electricidade, as cargas non se acumularían na persoa xa que se disiparían a través do aire
que, neste caso, sería un bo condutor. A persoa non percibirá ningún efecto pola acumulación da carga electrostática, pero si cando se produza a súa descarga a terra, ben ao tocar un
material condutor (unha porta ou un estante metálico), un elemento posto a terra, ou incluso outra persoa e poderase percibir ou ouvir un estalo ou unha chispa. Perigos ocasionados pola
electricidade estática O perigo máis destacable ocasionado pola electricidade estática é o de incendio e explosión cando se traballa en atmosferas explosivas como son lugares de carga e
descarga de camións cisterna con líquidos inflamables ou en lugares onde se almacenan líquidos inflamables, ou en procesos produtivos onde se xeran ou procesan néboas, vapores, gases ou pos
combustibles. Neste tipo de actividades, o risco contrólase rigorosamente con equipos, métodos de traballo e calzado ou roupa especiais. Nos ambientes de oficina non se pode falar de
situacións de perigo, no entanto cando se dan as condicións anteriormente expostas (acumulación de cargas sen que estas se poidan disipar), pódense producir con certa frecuencia chispazos ou
descargas eléctricas que poden ir dende a molestia a incluso dor en función da intensidade da descarga. Estes “toques” daranse ao tocar calquera material condutor e, ás veces, incluso ao
tocar outra persoa. Como se pode evitar que se produzan as molestas descargas relacionadas coa electricidade estática? Todas as medidas dirixidas a incrementar a condutividade, tanto das
superficies, como do aire favorecerán a disipación das cargas co cal este fenómeno non sucederá. Entre estas cabe destacar: * Manter os niveis de humidade relativa no aire por enriba do 50%.
Esta é unha das medidas máis importantes xa que deste xeito o aire é un bo condutor da electricidade e impide a acumulación de cargas nas persoas, que, como xa se dixo, son á súa vez boas
condutoras da electricidade. Cómpre dicir a este respecto que os sistemas de climatización no inverno collen o aire do exterior e quéntano facendo diminuír a humidade relativa, isto pode
facer que este problema se presente con maior frecuencia no inverno. Actuacións para aumentar a humidade relativa: * Introducir plantas ornamentais naturais: estas elevan a humidade
ambiental ao transpiraren as súas follas enviándolle vapor de auga ao ambiente. * Poñer recipientes con auga enriba dos radiadores ou colgados deles (se estes o permiten). * Recorrer aos
humidificadores de aire. Se se toma esta opción, deberémonos asegurar do seu mantemento correcto (instrucións do fabricante) para que estes non sexan unha fonte de contaminación biolóxica do
ambiente (fungos e bacterias). * Nos lugares de clima húmido favorecer a ventilación natural, cando for posible. * Mellorar a condutividade dos pavimentos. Algúns tipo de materiais
utilizados como revestimento do chan son pola súa propia natureza mellores condutores (baldosa, formigón), mentres que os formados por polímeros ou as moquetas tenden a acumular cargas con
maior facilidade. De todas maneiras existen no mercado pavimentos compostos por polímeros (como PVC) fabricados con aditivos que os converten en bos condutores. Cando debamos instalar novos
revestimentos nas oficinas, deberiamos consultarlle ao fabricante as súas características de condutividade. Actuacións dirixidas a aumentar a condutividade do chan: * Pódese mellorar a
condutividade dos pavimentos utilizando produtos comerciais antiestáticos que o que fan é crear unha capa condutora na súa superficie. * Débense aplicar refregando cunha mopa ou pano
antiestático e realizando un tratamento periódico (xeralmente semanal). * Como medida complementaria ao aumento da humidade e aos aditivos engadidos aos produtos de limpeza pódense colocar
alfombras antiestáticas (debidamente conectadas a terra) debaixo de equipos como fotocopiadoras e mobiliario metálico para descargarnos polos pés antes de tocar as partes metálicas coas
mans. * Lembrar o dito anteriormente sobre o tipo de roupa e calzado que utilicemos que pode tamén contribuír á acumulación de cargas nas persoas. Débese ter en conta ademais que calquera
máquina no seu funcionamento é normal que xere cargas eléctricas que, cando existe unha boa conexión a terra, non se van acumular. É importante pois, en oficinas onde se presente este
problema, revisar a adecuada conexión a terra das fotocopiadoras, impresoras e demais equipos presentes.
Trending News
Bimotor entrou em rota de colisão com jato da tamA "manobra evasiva" feita por um piloto da TAM na noite de quinta-feira, minutos antes de pousar no Aeroporto ...
Lewandowski marca duas vezes em nova goleada do bayernRobert Lewandowski marcou duas vezes em nova demonstração de força do Bayern de Munique, que não deu nenhum sinal de que...
Guarda costeira dos eua faz buscas por dezenas de migrantes que estavam em barco que virouA Guarda Costeira dos Estados Unidos localizou um corpo durante buscas na costa da Flórida para encontrar dezenas de pes...
Juntando o povoNão é a primeira vez, nem a última que o povo curitibano se reúne para reclamar sobre algum acontecimento, quer de agrad...
Coritiba crocodiles faz jogo beneficente em são mateus do sulNo próximo sábado (21), o CORITIBA CROCODILES entra em campo pela segunda rodada do CAMPEONATO BRASILEIRO DE FUTEBOL AME...
Latests News
Electricidade estática - xunta de galiciaQue é a electricidade estática? Toda a materia está composta por átomos e estes por partículas máis pequenas, entre esta...
Quanto custa passar réveillon em bc, e casa construida em área de preservação deve ser demolidaBalanço Geral Itajaí Jornalismo voltado para Itajaí e região. Informação com sotaque e relevante para os moradores de ca...
Déficit primário em relação ao pib em 2024 fica estável em 0,80%, diz focusEconomistas do mercado financeiro mantiveram as expectativas para a trajetória dos resultados fiscais do governo na sema...
Exposição "fazendo arte" na sede da onuCrianças do Hospital Pequeno Príncipe durante oficina de pintura. Cerca de 20 trabalhos foram escolhidos para participar...
Polícia controla rebelião e evita fuga de presos da cadeiaUma ação conjunta entre a Polícia Civil e a Militar controlou uma rebelião e evitou fuga na cadeia de Sarandi, na região...