Accidente de traballo e enfermidade profesional
Accidente de traballo e enfermidade profesional"
- Select a language for the TTS:
- Brazilian Portuguese Female
- Brazilian Portuguese Male
- Portuguese Female
- Portuguese Male
- Language selected: (auto detect) - PT
Play all audios:
Os pasos para seguir cando sufra un accidente de traballo son: * Asistir o máis rapidamente á persoa accidentada. * Para iso acuda ao centro de Ibermutua Gallega máis próximo. * No caso de
que descoñeza onde se atopan situados os centros de Ibermutua Gallega, pode poñerse en contacto coa Liña de Atención Telefónica Integral 24 horas, 900 23 33 33, ou consultar a Rede de
centros. * Se non atopa un centro Ibermutua Gallega próximo, acuda ao centro médico máis próximo. * Para axilizar os trámites, é conveniente que leve consigo e encha o Volante de solicitude
de asistencia sanitaria (PDF 35 kb). Desta forma facilitarase a identificación. Se non fose posible levar este documento, non esqueza a súa tarxeta da Seguridade Social, o DNI ou calquera
outro documento que o identifique e indique a que empresa pertence. Tras recibir asistencia médica o/a traballador/a pode atoparse en dúas situacións: 1. O/a traballador/a só falta ao
traballo o día do accidente e non causa baixa: En caso de accidente de traballo, se o/a traballador/a só falta ao traballo o día do accidente e non causa baixa, a empresa deberá remitir a
relación de accidentes de traballo ocorridos sen baixa médica nos cinco primeiros días hábiles do mes seguinte ao do accidente. A notificación deste documento deberá realizarse a través do
Sistema de Declaración Electrónica de Accidentes de Traballo (Sistema Delt@). 2. O/a traballador/a causa baixa O/a traballador/a En caso de accidente de traballo ou enfermidade
profesional, deberá acudir aos servizos médicos de Ibermutua Gallega. Tras a asistencia sanitaria, se non pode continuar coa súa actividade laboral, os servizos sanitarios de Ibermutua
Gallega expediranlle o seu parte médico de baixa, por duplicado. Con el poderá acreditar ante a empresa que se atopa nunha situación que lle impide continuar traballando. A situación de
baixa determina o principio das súas prestacións de incapacidade temporal. O/a traballador/a quedará cun exemplar, mentres que o segundo entregarao na empresa nun prazo de tres días hábiles
contados desde o mesmo día da expedición. Ata a data de alta, entregará periodicamente os partes de confirmación de baixa á empresa no prazo de tres días hábiles desde a súa recepción. A
empresa Cando a empresa reciba o parte médico de baixa, cubrirá o Parte de Accidente de traballo a través do Sistema de Declaración Electrónica de Accidentes de Traballo (Sistema Delt@) no
prazo de cinco días hábiles despois da baixa. Á súa vez, tramitará o parte de baixa no prazo de tres días hábiles desde a súa recepción a través do Sistema de Remisión Electrónica de Datos
(RED). Para resolver as dúbidas xurdidas ao encher os Partes de Accidente, pode poñerse en contacto co seu Centro de Ibermutua Gallega máis próximo (Rede de centros). Parte médico de
confirmación de baixa Os partes de baixa e confirmación da baixa estenderanse en función do período de duración que estime o/a facultativo/a que o emite. A estes efectos, no Real Decreto
625/2014 establécense catro grupos de procesos en baixas en función da súa duración: * Duración estimada inferior a 5 días naturais: Ibermutua Gallega emitirá o parte de baixa e de alta na
mesma visita. * Duración estimada de entre 5 e 30 días naturais: o primeiro parte de confirmación emitirase aos 7 días naturais tras a data de inicio da baixa. Os sucesivos, no prazo máximo
de 14 días desde o parte anterior. * Entre 31 e 60 días naturais: o primeiro parte de confirmación emitirase aos 7 días tras o parte de baixa. Os sucesivos, no prazo máximo de 28 días desde
o parte anterior. * Nos procesos de máis de 61 días naturais: o primeiro parte de confirmación emitirase aos 14 días tras o parte de baixa. Os sucesivos, no prazo máximo de 35 días desde o
parte anterior. Cando o proceso chega a 365 días, pasa a ser controlado polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS). Nos partes de confirmación constará a duración estimada da
incapacidade temporal e a data do novo recoñecemento médico. A empresa tramitará os partes de confirmación de baixa entregados polo/a traballador/a, vía Sistema REDE, no prazo de tres días
hábiles desde a súa recepción. Parte médico de alta Cando as lesións sufridas polo/a accidentado/a estean curadas, Ibermutua Gallega emitirá o parte médico de alta laboral, debendo
reincorporarse o/a accidentado/a ao seu posto de traballo o día seguinte á alta, entregando á empresa o devandito parte. Este parte tramitarase polo Sistema Rede no prazo de tres días
hábiles desde a recepción, da mesma forma que o de baixa (consta do mesmo número de copias). Coa súa emisión, finaliza a situación de incapacidade temporal, cesando o pago do subsidio por
parte da mutua. Situacións especiais Comunicación urxente de accidente de traballo Nos casos de accidentes graves, moi graves, que ocasionen o falecemento do/a traballador/a, e naqueles
que afecten a máis de catro/a traballadores/as, a empresa deberá realizar unha xestión adicional. Ademais de cubrir os partes de accidente, comunicarase o feito, no prazo de 24 horas, á
autoridade laboral da provincia onde ocorrese o accidente. A citada comunicación conterá: razón social, domicilio e teléfono da empresa, nome dos/as accidentados/as e a descrición do
accidente, así como o lugar onde ocorreu. Para notificar a devandita comunicación poderá utilizarse o Sistema de Declaración Electrónica de Accidentes de Traballo (Sistema Delt@). En caso de
urxencias vitais e accidentes graves: Chame inmediatamente ao Teléfono de Emerxencias 112 ou á Liña de Atención Telefónica Integral 24 horas, 900 23 33 33, que atende e xestiona as
urxencias médicas por accidente de traballo e enfermidade profesional, tanto en España como no estranxeiro. Para solicitar asistencia no estranxeiro deberá chamar a través do número +34 91
744 51 01. O persoal doutras mutualidades deberá dirixirse aos centros establecidos no cadro médico que lle corresponda segundo a súa mutualidade co talón/ tarxeta.
Trending News
Protestos em valência pedem resposta mais eficiente às enchentes devastadorasMilhares de pessoas se reuniram em Valência, na Espanha, neste sábado (9), em um grande protesto contra a resposta das a...
Produtividade nos eua caiu 0,6% no quarto trimestre de 2005WASHINGTON - A produtividade empresarial americana caiu inesperadamente nos últimos três meses de 2005 e os custos traba...
Audiência sobre liberdade de expressão adiada: girão questiona governoO senador Eduardo Girão (Novo-CE) protocolou nesta segunda-feira (11) um requerimento de informação ao Ministério das Re...
Haddad diz que lula deve fechar corte de gastos até quarta e vai atingir mais um ministérioO ministro Fernando Haddad (Fazenda) disse esperar que o pacote de corte de gastos do governo seja fechado até quarta (1...
Bc: endividamento dos brasileiros sobe para 45,38%O endividamento das famílias brasileiras com o sistema financeiro voltou a subir em outubro, quando atingiu a marca de 4...
Latests News
Accidente de traballo e enfermidade profesionalOs pasos para seguir cando sufra un accidente de traballo son: * Asistir o máis rapidamente á persoa accidentada. * Para...
Guerra dos portos era crônica anunciada. Teria que acabar um dia.AUTOMÓVEIS Novo regime automotivo brasileiro deverá ser anunciado amanhã e conterá uma tabela de pontuação para cada...
Eleições 2024: veja a lista dos vereadores eleitos em lavínia - spLAVÍNIA conheceu neste domingo, 6 de outubro, seus mais novos 9 vereadores, após a conclusão da contagem de votos do 1º ...
Marinho marca na estreia e flamengo bate boavista por 3 a 0Com gol do estreante Marinho, o Flamengo derrotou o Boavista por 3 a 0, nesta quarta-feira (2) no estádio Raulino Olivei...
Página não econtrada (404) | ND Mais404Página não encontrada A página que você estava procurando não pôde ser encontrada, provavelmente o conteúdo não está ...