Medallas de Galicia. 2012 - Xunta de Galicia
Medallas de Galicia. 2012 - Xunta de Galicia"
- Select a language for the TTS:
- Brazilian Portuguese Female
- Brazilian Portuguese Male
- Portuguese Female
- Portuguese Male
- Language selected: (auto detect) - PT
Play all audios:
Grupo de música folk e de música celta, que naceu a finais da década dos 70 da unión da formación tradicional Faíscas do Xiabre, integrada por Xosé V. Ferreirós, Nando Casal e Ramón García
Rei, cos músicos Antón Seoane e Rodrigo Romaní. Algúns dos seus componentes coñecíanse desde comezos da década dos 70 e outros de toda a vida.
É unha formación musical que permaneceu estable durante moito tempo, ata o ano 2000 no que Rodrigo Romaní, que para moitos era a cabeza visible da formación, abandona o grupo para seguir un
camiño en solitario.
Comparten a paixón pola música e polo noso país, e durante anos levan realizado unha incansable labor de recuperación e reivindicación da tradición musical galega.
Milladoiro é un dos principias embaixadores da cultura galega por todo o mundo, ademais de participar no campo da fusión e investigación de novas formas artísticas.
O seu primeiro concerto foi o 15 de maio de 1979 no Colexio Salesianos de A Coruña e na súa andaina musical teñen no seu haber vinte e catro discos entre os anos 1979 e 2008.
Durante os anos o grupo foi evolucionando cara unha música cada vez máis elaborada, de aspecto clásico, pero que mantén as súas referencias na música galega. Os seus discos e directos
manteñen a alternancia entre o repertorio máis folk e as pezas decarácter máis concertista.
Milladoiro está considerado como un dos pioneiros da modernidade no folk galego, innovando nas combinacións instrumentais pouco habituais, ou sendo primeiro grupo folk que gravou música
acompañados de pandereteiras.
A súa versatilidade, demostrada non só nos seus traballos como grupo senón noutras producións e colaboracións, serviulles para gañar un Premio Goya en 1986 pola banda sonora orixinal da
película La mitad del cielo, de Manuel Gutierrez Aragón.
Entre os seus discos destacan o titulado Iacobus Magnus, gravado no ano 1994 coa English Chamber Orchestra, encargado polo Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela como conmemoración do
Ano Santo, e que é o primeiro traballo de Milladoiro con orquestra.
Tamén pode destacarse o disco titulado Gallaecia Fulget, gravado no ano 1995, encargado pola Universidade de Santiago de Compostela para a exposición conmemorativa dos 500 anos da súa
fundación.
O pasado ano cumpríronse 180 anos dende o seu establecemento, que tivo lugar o 7 de xuño de 1831 en Santiago de Compostela, aínda que a súa creación fora aprobada por un real decreto de
Fernando VII o 28 de agosto de 1827. O 18 de xullo de 1833, a Real Academia trasladouse á cidade da Coruña, na que se mantén ata a actualidade.
O nacemento da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, xunto con outras nove aprobadas no mesmo real decreto de Fernando VII, representou a primeira tentativa seria para organizar,
de maneira global, o devir da medicina.
Na actualidade, as súas misións principias son as de cultivar e estimular o estudo e a investigación das ciencias médicas; auxiliar ás autoridades nas cuestións sanitarias; conservar e
cultivar unha biblioteca especializada e informar aos investigadores sobrecuestións sanitarias.
A principal expresión desas actividades constitúena a realización de sesións científicas semanais, abertas aos profesionais médico-sanitarios en xeral e nas que que, como un foro de
formación continuada en nivel de excelencia, se fai unha permanente posta ao día dos progresos médicos nos seus diversos aspectos preventivo, diagnóstico, pronóstico e terapéutico.
Igualmente, lévanse a cabo sesións de divulgación socio-sanitaria destinadas a contribuír á mellor educación, nesta materia, da poboación galega en xeral, impartindo conferencias “á carta”
en atención ao que a sociedade demande.
A Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, como institución, recibiu a Placa de Ouro ao Mérito Sanitario de Galicia no ano 2003, o XII Premio “Novoa Santos” de ASOMEGA (Asociación de
Médicos Galegos no exterior) no ano 2007 e a Medalla deOuro da Cidade da Coruña no ano 2009.
Na actualidade, presidida polo profesor D. José Carro Otero, forman parte da Academia 38 académicos numerarios; 6 académicos de honra; 5 académicos honorarios e 301 académicos
correspondentes (204 residen en Galicia; 63 noutros lugares de España e 34 no estranxeiro: Alemaña, Arxentina, Cuba, Francia, Gran Bretaña, Italia, Uruguai e Estados Unidos).
A Real Academia promove becas, premios, congresos para potenciar a divulgación das ciencias médicas. A súa máxima distinción é a Medalla de Honor, que no ano 2012 recaeu na Escola Naval
Militar de Marín como recoñecemento á colaboración que veñenmantendo estas dúas institucións dende que comezaron a colaborar organizando diversas sesión de carácter académico para os alumnos
do centro castrense de Marín fai xa unha década.
Nace no seo dunha familia emigrante, que ao seu regreso se establece no barrio coruñés do Castrillón, onde rexentan o popular mesón Miña Terra.
Licenciado en Dereito, entrou na Academia da Policía Nacional de Ávila en 2003. Desde que finalizou a súa formación estivo destinado na capital coruñesa. Era membro do Grupo de Atención ao
Cidadán da Brigada de Seguridade Cidadá.
Falece aos 38 anos de idade, na madrugada do 27 de xaneiro de 2012, en acto de servizo, intentando salvar a vida ao mozo estudante eslovaco Tomas Velicky.
O Ministerio do Interior concedeulle a Medalla de Ouro ao Mérito Policial a título póstumo.
Estuda Formación Profesional, rama de electricidade en Lugo, e traballa nunha empresa de montaxes eléctricas.
En 2002 ingresa no Corpo Nacional de Policía, sendo inicialmente destinado a Lanzarote.
Era membro do Grupo de Atención ao Cidadán da Brigada de Seguridade Cidadá.
Falece aos 34 anos de idade, na madrugada do 27 de xaneiro de 2012, en acto de servizo, intentando salvar a vida ao mozo estudante eslovaco Tomas Velicky.
O Ministerio do Interior concedeulle a Medalla de Ouro ao Mérito Policial a título póstumo.
Estuda no instituto da súa vila natal e decídese pola Formación Profesional, antes de optar por entrar na Policía. Bo deportista, colabora co Club Deportivo Burela de fútbol sala.
Antes de chegar á cidade coruñesa, está destinado en Viveiro, Navarra e o País Vasco. Era membro do Grupo de Atención ao Cidadán da Brigada de Seguridade Cidadá.
Falece aos 34 anos de idade, na madrugada do 27 de xaneiro de 2012, en acto de servizo, intentando salvar a vida ao mozo estudante eslovaco Tomas Velicky.
O Ministerio do Interior concedeulle a Medalla de Ouro ao Mérito Policial a título póstumo.
Trending News
Athletico, Coritiba e Paraná estão de volta. Dá para apostar em sucesso?O Athletico ficou por último no retorno após o recesso no período de Copa América, retorna nesta segunda-feira (24). Com...
Um time novo e um esquema tático diferente no FuracãoExploreTerça-feira, 10 de Junho de 2025ENTRAREncontre matérias e conteúdos da Gazeta do PovoNotíciasSaberÚltimasEditoria...
Conspiração Filmes constrói plataforma de articulação para mulheres | O TEMPOMais Lidas Aos 44 anos, Ana Hickmann fala de arrependimento ligado à maternidade 'Globo se apossou dos meus sucessos ant...
Bob Dylan segundo Jerry Schatzberg | O TEMPOUm dos maiores ícones da música pop do século XX, o cantor e compositor norte-americano Bob Dylan é tema de uma exposiçã...
Katy Perry lidera indicações ao prêmio Europe Music Awards | O TEMPOMais Lidas Aos 44 anos, Ana Hickmann fala de arrependimento ligado à maternidade 'Globo se apossou dos meus sucessos ant...
Latests News
Medallas de Galicia. 2012 - Xunta de GaliciaGrupo de música folk e de música celta, que naceu a finais da década dos 70 da unión da formación tradicional Faíscas do...
Conspiração Filmes constrói plataforma de articulação para mulheres | O TEMPOMais Lidas Aos 44 anos, Ana Hickmann fala de arrependimento ligado à maternidade 'Globo se apossou dos meus sucessos ant...
Bob Dylan segundo Jerry Schatzberg | O TEMPOUm dos maiores ícones da música pop do século XX, o cantor e compositor norte-americano Bob Dylan é tema de uma exposiçã...
Katy Perry lidera indicações ao prêmio Europe Music Awards | O TEMPOMais Lidas Aos 44 anos, Ana Hickmann fala de arrependimento ligado à maternidade 'Globo se apossou dos meus sucessos ant...
Indicações políticas na Eletrobras travam privatização no CongressoA privatização da Eletrobras, anunciada como a maior prioridade do presidente Michel Temer nesta reta final do mandato, ...