Verificación e descargas - xunta de galicia

Xunta

Verificación e descargas - xunta de galicia"

Play all audios:

Loading...

CONSULTA E VERIFICACIÓN ELECTRÓNICA DE TÍTULOS DE FUNCIONARIOS E LABORAIS Poderá verificar e descargar os títulos de persoal funcionario e laboral fixo emitidos pola Dirección Xeral da


Función Pública da Xunta de Galicia. Na consulta poderá ver tanto o documento orixinal coa súa firma electrónica, como o informe electrónico de firma. Tamén pode consultar os seus títulos


dende o portal do empregado. CONSULTA E VERIFICACIÓN ELECTRÓNICA DE ENVÍOS E DOCUMENTOS A Dirección Xeral da Función Pública pon á súa disposición este servizo, co que poderá consultar e


validar tanto os envíos coma os documentos xerados polo sistema de xestión electrónica do rexistro interno de saída. O rexistro electrónico de saída permite xerar todas as firmas necesarias


para a validación dos documentos de modo electrónico, de forma que os documentos que reciba non levarán a firma manuscrita. Nesta páxina poderá descargar os documentos e as firmas dos


mesmos, sendo posible verificar as súas firmas. Todos os procesos de firma e verificación electrónica son realizados polas aplicacións da plataforma @firma5 de firma e validación electrónica


do Ministerio de Administraciones Públicas. As firmas xeradas poden descargarse directamente nun formato co que é posible a súa reprodución en papel. CONSULTA E VERIFICACIÓN DE DOCUMENTOS


(CO CÓDIGO DE DOCUMENTO) Nesta opción poderá descargar o documento consultado conxuntamente coas súas firmas electrónicas. Será necesario dispoñer do código de verificación do documento.


Este código atópase ao final do documento baixo o código de barras. CONSULTA DO BUZÓN ELECTRÓNICO (SÓ CON CERTIFICADO DIXITAL) Nesta opción poderá consultar todos os envíos xerados para unha


determinada persoa. Neste servizo é necesario dispoñer dun certificado dixital de usuario. A verificación realízase cun módulo da plataforma @firma5 que debe executarse no seu ordenador,


polo que debe ter os permisos adecuados para que este módulo se execute. CONSULTA E VERIFICACIÓN DE ENVÍOS (CO CÓDIGO DO ENVÍO) Nesta opción poderá consultar e descargar todos os documentos


presentes nun envío conxuntamente coas súas firmas electrónicas. Será necesario dispoñer do código de verificación do envío. Este código atópase na portada que acompaña ao envío.


VERIFICACIÓN DE FIRMAS (EN BASE64) Nesta opción poderá verificar a identidade do emisor de calquera firma xerada en Base64 pola plataforma @firma5 do MAP. A verificación realízase cun módulo


da plataforma @firma5 que debe executarse no seu ordenador, polo que debe ter os permisos adecuados para que este módulo se execute. VERIFICACIÓN DE NOMEAMENTOS E CREDENCIAIS Permite


verificar a autenticidade dos nomeamentos de persoal interino e as credenciais de asignación de postos do persoal laboral temporal.


Trending News

Chávez e o discurso do medo

_O desprezo por uma das características de democracias adultas, a alternância de poder, é evidente nas falas do caudilho...

Decretos de estrutura - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Alegacións - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Verificación e descargas - xunta de galicia

CONSULTA E VERIFICACIÓN ELECTRÓNICA DE TÍTULOS DE FUNCIONARIOS E LABORAIS Poderá verificar e descargar os títulos de per...

Consellería de Sanidade - Xunta de Galicia

ATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...

Latests News

Subdirección xeral de desenvolvemento e avaliación profesional

A Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional, á cal lle corresponde a realización das seguintes func...

Declaración de accesibilidade - xunta de galicia

A Xunta de Galicia comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 d...

Tipografía - xunta de galicia

Tipografía - Xunta de Galicia TIPOGRAFÍA Tipografía corporativa TIPOGRAFÍA LIGAZÓNS RELACIONADAS...

Atención a persoas usuarias - xunta de galicia

O Centro de Servizos ao Usuario de Xustiza (CSU) encárgase de dar soporte funcional e técnico ao persoal ao servizo da A...

Consellería do mar - xunta de galicia

Resolución do 16 de febreiro de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 d...

Top