Subdirección xeral de xestión, programación e ordenación de persoal
Subdirección xeral de xestión, programación e ordenación de persoal"
Play all audios:
Esta subdirección xeral ten encomendada a realización das seguintes funcións: * A elaboración da oferta de emprego público para a súa aprobación polo Consello da Xunta de Galicia. * A
xestión e proposta de programación de efectivos dos corpos, escalas e categorías ao servizo da Administración autonómica de Galicia. * A preparación dos informes preceptivos e previos sobre
estruturas orgánicas das unidades administrativas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais do sector público autonómico. * A elaboración de
estudos e propostas das relacións de postos de traballo e as súas modificacións e a emisión do informe previo a estas. * A coordinación na elaboración das estatísticas do número de efectivos
na Comunidade Autónoma de Galicia. * A tramitación de expedientes relativos a situacións e incidencias do persoal funcionario e laboral xestionado pola Dirección Xeral da Función Pública,
sen prexuízo das competencias propias das consellerías. * A preparación, conxuntamente coa Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais, a Subdirección Xeral de Provisión de
Postos e Selección de Persoal e a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, dos anteproxectos normativos en materia de función pública. * A elaboración, dentro das súas competencias,
de cantos estudos e traballos se lle encomenden. * A suplencia do titular da Dirección Xeral nos casos de ausencia, enfermidade ou vacante. Para a realización das súas funcións, a
Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal contará coas seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servizo: * O Servizo de Xestión de Persoal, que terá
encomendadas as seguintes funcións: * A xestión do persoal funcionario e laboral xestionado pola Dirección Xeral da Función Pública, sen prexuízo das competencias propias das consellerías.
* A elaboración da oferta de emprego público, dentro dos termos da normativa vixente en materia de emprego público. * O estudo e preparación de informes sobre a normativa de función pública.
* O Servizo de Programación e Ordenación de Persoal, que terá encomendadas as seguintes funcións: * A preparación dos informes preceptivos e previos sobre a estrutura orgánica das unidades
administrativas da Xunta de Galicia. * A elaboración do informe sobre as propostas das relacións de postos de traballo ou das súas modificacións. * A colaboración na preparación da oferta
de emprego público, dentro dos termos da normativa vixente en materia de emprego público. * O estudo e preparación de informes e estatísticas referentes ás relacións de postos de traballo.
Trending News
Información xeral - xunta de galiciaO persoal funcionario de carreira que se encontre a disposición ou adscrito provisionalmente a un posto de traballo terá...
Secretaría Xeral de Medios - Xunta de GaliciaATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...
Comisión de seguimento do acordo de concertación - Xunta de GaliciaATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...
Que é? - Xunta de GaliciaNa pantalla principal da app verás un acceso directo no que, de ser o caso, se pode mostrar o número de notificacións qu...
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración - Xunta de GaliciaATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...
Latests News
Subdirección xeral de xestión, programación e ordenación de persoalEsta subdirección xeral ten encomendada a realización das seguintes funcións: * A elaboración da oferta de emprego públi...
Plans e actuacións - xunta de galiciaPlan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2025-2027 Este plan será, consonte o establecido na Lei 6/2012, do 19 de xuño, ...
Plan de prevención de riscos laborais e procedementosA Lei de prevención de riscos laborais fixa uns principios básicos de actuación en materia de seguridade e saúde laboral...
Adscrición provisional por causas de saúde para o persoal funcionarioAdscrición temporal concedida nos casos en que as características do posto de traballo perxudiquen ou orixinen un dano n...
Xeración de solicitudes de participación e elección de postosNo caso de dúbidas xerais ou técnicas pode poñerse en contacto nos teléfonos indicados ou remitir un correo electrónico....