Expediente administrativo - xunta de galicia
Expediente administrativo - xunta de galicia"
Play all audios:
A titulación académica actualízase no apartado de Formación/Formación académica. Para a súa actualización seleccione o seu título, xa sexa universitario ou non universitario. Se non se opón
á consulta comprobarase automaticamente a súa titulación empregando os servizos de consulta de datos -cos datos ofrecidos polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes
(consulta do rexistro de títulos non universitarios) e para os estudos universitarios o rexistro de títulos universitarios oficiais do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades-. No
caso de opoñerse á consulta debe indicar o motivo e achegar un documento válido que acredite suficientemente a súa titulación. Titulacións non universitarias Poderanse comprobar os títulos
que consten no rexistro de títulos non universitarios. Os servizos de consulta poden comprobar automaticamente as titulacións non universitarias que estean no Rexistro nacional de títulos
non universitarios que inclúe títulos expedidos con posterioridade a 1991. Non están incluídos neste rexistro: * Certificados de profesionalidade * Superación de probas de acceso á
universidade * Superación das probas de acceso á Formación Profesional * Certificado de superación do Curso de Orientación Universitaria (COU) * Outros tipos de certificados que non conduzan
a estudos oficiais * Bacharelato elemental (Plan 1957). A competencia para a expedición destes títulos corresponde ao director ou directora do centro docente (actuais Institutos de
Educación Secundaria) onde se finalizaron os estudos. * Bacharelato superior (Plan 1957). A competencia para a expedición destes títulos corresponde ao reitor ou reitora da universidade á
que estivese adscrito o centro docente onde se finalizaron os estudos. * Equivalencias Nestes casos deberá achegar a documentación acreditativa correspondente xuntando os documentos
específicos do seu título ou estudo. Titulacións universitarias * Os servizos de consulta poden comprobar automaticamente as titulacións universitarias do rexistro de títulos universitarios
* Non se poden comprobar automaticamente equivalencias ou convalidacións de estudos Se vostede ten un dobre grao consúlteo co seu nome correspondente (non inclúa cada un dos graos). As
especialidades e estudos de posgrao, como a suficiencia investigadora ou a tese doutoral (plans Pre-Boloña), teñen que consignarse dentro da mesma titulación académica. Para isto ten que
premer sobre a icona con forma de ollo á beira da titulación. Non se cargarán por separado como un mérito independente. Os estudos de doutoramento do plan Boloña (Espazo Europeo de Educación
Superior) poden introducirse como un nivel específico.
Trending News
Chávez e o discurso do medo_O desprezo por uma das características de democracias adultas, a alternância de poder, é evidente nas falas do caudilho...
Funcións e competencias - xunta de galiciaA Dirección Xeral da Función Pública é a responsable da execución da política de persoal da Administración da Xunta de G...
Postos de estabilización lei 20/2021Certificación de 21 de novembro de 2024 de incremento de prazas OPE extraordinaria 2022 procesos de estabilización. Cert...
Alegacións - Xunta de GaliciaATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...
Descricion detallada do procedemento - xunta de galiciaFormulario de avaliación de riscos no posto de traballo para solicitar a prestación por risco durante o embarazo ou a la...
Latests News
Expediente administrativo - xunta de galiciaA titulación académica actualízase no apartado de Formación/Formación académica. Para a súa actualización seleccione o s...
Descricion detallada do procedemento - xunta de galiciaFormulario de avaliación de riscos no posto de traballo para solicitar a prestación por risco durante o embarazo ou a la...
Alegacións - Xunta de GaliciaATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...
Postos de estabilización lei 20/2021Certificación de 21 de novembro de 2024 de incremento de prazas OPE extraordinaria 2022 procesos de estabilización. Cert...
Funcións e competencias - xunta de galiciaA Dirección Xeral da Función Pública é a responsable da execución da política de persoal da Administración da Xunta de G...