Catálogos dos sistemas dixitais - xunta de galicia
Catálogos dos sistemas dixitais - xunta de galicia"
Play all audios:
A Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia creou o Catálogo dos sistemas dixitais, que recolle as aplicacións, os sistemas de información e as infraestruturas
tecnolóxicas que utilizan ou se poñen á disposición dos órganos e das entidades do sector público autonómico para o seu funcionamento interno, para a prestación de servizos á cidadanía e
para a relación con outras administracións públicas. Este catálogo ten como finalidade garantir a gobernanza tecnolóxica e a utilización de sistemas transversais ou especializados, nos cales
se promova a aplicación adecuada dos criterios de reutilización, a transferencia tecnolóxica, a interoperabilidade, a seguridade, a facilidade de uso e a accesibilidade. Respecto dos
elementos que o integran, o catálogo recolle: * a identificación das súas características técnicas e funcionais * as entidades responsables da súa xestión * a determinación do seu ámbito de
utilización * o criterio de obrigatoriedade de uso * e as condicións de uso SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA Entidade responsable da súa xestión Lei 4/2019 - Artigo 18. Titularidade e
responsabilidade * A titularidade da sede electrónica da Xunta de Galicia correspóndelles á Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e ás entidades públicas instrumentais
incluídas no seu ámbito. * Corresponderalle á consellaría con competencias en materia de administracións públicas a coordinación, cos órganos e as entidades do sector público autonómico,
dos contidos e dos servizos dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia. * A entidade do sector público autonómico con competencias en desenvolvemento dixital será a responsable dos
contidos e dos servizos comúns dispoñibles na sede electrónica, da xestión tecnolóxica e da continuidade, a accesibilidade e a seguridade da sede electrónica da Xunta de Galicia. * A
responsabilidade dos contidos postos á disposición da cidadanía na sede electrónica da Xunta de Galicia e relativos ao ámbito de actuación dun órgano da Administración xeral da Comunidade
Autónoma ou dunha entidade pública instrumental do sector público autonómico será, respectivamente, da secretaría xeral ou secretaría xeral técnica da consellaría ou do órgano executivo da
entidade pública instrumental correspondente. No caso dos contidos relativos ás outras entidades instrumentais, a responsabilidade corresponderalle á consellaría de adscrición.
Características funcionais As establecidas na normativa de aplicación para as sedes electrónicas, e en particular: o acceso ao Rexistro Electrónico Xeral para a presentación electrónica de
solicitudes, escritos, comunicacións e documentos, queixas ou suxestións; o acceso personalizado á Carpeta cidadá; o outorgamento de apoderamentos apud acta; o acceso ás notificacións
administrativas e a comprobación da autenticidade e da integridade dos documentos electrónicos emitidos polos órganos e as entidades incluídos no ámbito de aplicación da sede electrónica
ÁMBITO DE UTILIZACIÓN MODO DE USO USO OBRIGATORIO Sector público autonómico Servizo dispoñible en internet Si SISTEMA DE NOTIFICACIÓNS ELECTRÓNICAS DE GALICIA NOTIFICA.GAL Entidade
responsable da súa xestión Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia Características funcionais O sistema de notificacións electrónicas de Galicia permite ás administracións
públicas realizar o envío e a xestión de notificacións electrónicas fidedignas, con xeración de evidencias comprobables da entrega polo emisor e da recepción polo destinatario, conforme á
normativa vixente. As persoas interesadas poden acceder as súas notificacións a través do enderezo https://notifica.gal, a través da dirección electrónica habilitada da Administración Xeral
do Estado (DEHú) e a través das sedes electrónicas dos organismos emisores. ÁMBITO DE UTILIZACIÓN MODO DE USO USO OBRIGATORIO Sector público autonómico Servizo dispoñible en internet Si
Outras administracións públicas de Galicia Servizo dispoñible en internet Non REXISTRO DE ACTIVIDADES EMPRESARIAIS, INDUSTRIAIS E COMERCIAIS Entidade responsable da súa xestión Axencia para
a Modernización Tecnolóxica de Galicia Características funcionais O Rexistro de actividades empresariais, industriais e comerciais da Xunta de Galicia permite a xestión de rexistros
administrativos (altas, baixas e modificacións), autorizacións e inspeccións, cunha tramitación completamente electrónica dos expedientes, ofrecendo utilidades aos interesados para facilitar
a realización dos trámites, simplificando os procesos e evitando a duplicidade de actuacións. O sistema está formado por un conxunto de módulos con distintas finalidades. Está integrado coa
sede electrónica da Xunta de Galicia para a relación coas persoas interesadas e proporciona unha interface de consulta para as entidades rexistradas
https://oficinavirtualindustria.xunta.gal Características técnicas Servizo dispoñible na intranet da Xunta de Galicia ÁMBITO DE UTILIZACIÓN MODO DE USO USO OBRIGATORIO Sector público
autonómico Servizo dispoñible na rede corporativa da Xunta de Galicia Si Outras administracións públicas de Galicia Cesión de código Non REXISTRO DE ENTRADAS E SAÍDAS (AIRES) Entidade
responsable da súa xestión Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia Características funcionais Aires é a aplicación de rexistro da Xunta de Galicia que utilizan as oficinas da
rede de atención á cidadanía e de rexistro. Permite: o rexistro de entrada e saída de solicitudes, escritos e comunicacións; a dixitalización da documentación presentada presencialmente; a
xestión dunha numeración única común, anual e correlativa para todos os asentos de entrada e outra para todos os de saída para cada unha das Administracións que usan a aplicación; a xeración
de copias electrónicas auténticas; a interoperabilidade co Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR). Características técnicas Servizo dispoñible na intranet da Xunta de Galicia ÁMBITO DE
UTILIZACIÓN MODO DE USO USO OBRIGATORIO Sector público autonómico Servizo dispoñible na rede corporativa da Xunta de Galicia Si Outras administracións públicas de Galicia Servizo dispoñible
a través da interconexión das redes corporativas Non PLATAFORMA DE INTERMEDIACIÓN PASAXE! Entidade responsable da súa xestión Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Características funcionais A plataforma de intermediación pasaXe! permite aos órganos administrativos intercambiar electronicamente datos e documentos de cidadáns e empresas para
garantirlles o seu dereito a non achegar documentos que fosen elaborados por calquera Administración. O intercambio dos datos e de documentos a través de pasaXe! realizarase nunhas
condicións tales que garantan a seguridade da información e a protección dos datos persoais que se transmitan, proporcionando medidas para a autenticidade, a confidencialidade, a
integridade, a dispoñibilidade e a trazabilidade adecuadas á natureza daqueles. Características técnicas Servizo dispoñible a través da interconexión das redes corporativas ÁMBITO DE
UTILIZACIÓN MODO DE USO USO OBRIGATORIO Sector público autonómico Servizo dispoñible en internet Si Outras administracións públicas de Galicia Servizo dispoñible a través da interconexión
das redes corporativas Non ARQUIVO ELECTRÓNICO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA (ARPAD) Entidade responsable da súa xestión Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Características funcionais O Arquivo electrónico administrativo da Xunta de Galicia é o sistema que permite a xestión de expedientes administrativos electrónicos do sector público autonómico
nas súas diferentes fases. Polo tanto, incluirá todos os expedientes en tramitación e os finalizados, durante o tempo establecido nos seus calendarios de conservación. A través do arquivo,
grazas á integración con INSIDE, é posible o envío de documentación de expedientes de maneira electrónica a outras administracións púbicas e a administración de Xustiza. Características
técnicas Servizo dispoñible na rede corporativa da Xunta de Galicia ÁMBITO DE UTILIZACIÓN MODO DE USO USO OBRIGATORIO Sector público autonómico Servizo dispoñible na rede corporativa da
Xunta de Galicia Si REXISTRO ELECTRÓNICO XERAL DE APODERAMENTOS DE GALICIA Entidade responsable da súa xestión Decreto 52/2021 - Artigo 3. Órgano competente - corresponde á consellería con
competencias en materia de rexistro e atención á cidadanía a xestión do Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia. Características funcionais O Rexistro Electrónico Xeral de
Apoderamentos de Galicia (REAG) permite ás persoas físicas e xurídicas outorgar poderes a outros/as cidadáns/ás ou entidades para actuar no seu nome nas relacións ante as administracións
públicas. Características técnicas Servizo dispoñible a través da interconexión das redes corporativas ÁMBITO DE UTILIZACIÓN MODO DE USO USO OBRIGATORIO Sector público autonómico Servizo
dispoñible na rede corporativa da Xunta de Galicia Si Outras administracións públicas de Galicia Servizo dispoñible a través da interconexión das redes corporativas Non XUNTAEU - APLICACIÓN
MÓBIL Entidade responsable da súa xestión Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia Características funcionais Aplicación móbil que ofrece á cidadanía os servizos dixitais de
carácter transversal da Xunta de Galicia. É a app de referencia para a relación da cidadanía coa Xunta de Galicia, que facilita o acceso á carpeta cidadá e aos servizos públicos dixitais
desde dispositivos móbiles. A aplicación ofrece servizos de carácter personalizado, centrados na persoa e para a persoa, así como nas súas necesidades de información, inmediatas e en
mobilidade. Características técnicas App dispoñible en iOS e Android ÁMBITO DE UTILIZACIÓN MODO DE USO USO OBRIGATORIO Sector público autonómico Servizo dispoñible en internet Si PLATAFORMA
DE SINATURAS Entidade responsable da súa xestión Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia Características funcionais PortaSinaturas é unha aplicación que proporciona a
funcionalidade necesaria para poder asinar masivamente lotes de documentos de maneira telemática e segura. Esta solución, permite asinar directamente documentos electrónicos ou solicitar a
firma de documentos tanto a un como a varios asinantes ao mesmo tempo. PortaSinaturas posibilita o control do fluxo da firma de documentos dunha maneira centralizada, eficiente, segura e
confidencial, minimizando o tempo de espera do solicitante, eliminando o risco de extravío de solicitudes e anulando o uso de papel. Características técnicas Servizo dispoñible na rede
corporativa da Xunta de Galicia ÁMBITO DE UTILIZACIÓN MODO DE USO USO OBRIGATORIO Sector público autonómico Servizo proporcionado pola Amtega Si Outras administracións públicas de Galicia
Cesión de código Non O Catálogo dos sistemas dixitais compleméntase co Catálogo da Rede integrada da presenza na internet, que recolle a relación de portais, canles sociais e participativas
e aplicacións móbiles do sector público autonómico.
Trending News
Información xeral - xunta de galiciaO persoal funcionario de carreira que se encontre a disposición ou adscrito provisionalmente a un posto de traballo terá...
Comisión de seguimento do acordo de concertación - Xunta de GaliciaATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...
Conferencias e discursos do presidente - Xunta de GaliciaATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...
Aplicacións móbiles - Xunta de GaliciaATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...
Xeración e consulta de reclamaciónsPRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS Para xerar unha reclamación no concurso de traslados ten que seguir os seguintes pasos: * S...
Latests News
Catálogos dos sistemas dixitais - xunta de galiciaA Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia creou o Catálogo dos sistemas dixitais, que recolle a...
Entidades adscritas a Mar - Xunta de GaliciaATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...
Datos fiscais e patrimoniais do presidente - Xunta de GaliciaATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...
Normativa - Xunta de GaliciaNormativa - Xunta de Galicia NORMATIVA NORMATIVA DE RANGO AUTONÓMICO * Decreto 204/1997, do 24 de xullo, polo que se cre...
Conferencias e discursos do presidente - Xunta de GaliciaATENCIÓN A CIDADANÍA Servizo do 012Suxestións e queixasOficinas de atención á cidadanía e de rexistroCita previaServizo ...