Aviso legal - xunta de galicia

Xunta

Aviso legal - xunta de galicia"


Play all audios:

Loading...

INFORMACIÓN XERAL As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o “Portal') que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet. A


Xunta de Galicia é a titular do dominio de segundo nivel “xunta.gal” e dos distintos elementos nel incluídos. O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente


informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a


información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado. Este sitio web contén


a edición electrónica do Diario Oficial de Galicia, que desde o 2 de maio do 2011 ten carácter oficial, auténtico e único, segundo o indicado no artigo 49 da Lei 4/2019, de 17 de xullo, de


administración dixital de Galicia. Con anterioridade a esta data, só ten a consideración de oficial e auténtica a edición impresa do Diario Oficial de Galicia. A Xunta de Galicia non se fai


responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten


da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias. A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou


contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas


ligazóns. A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa


configuración ou presentación. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración


xeral e do sector público autonómico de Galicia. A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa


reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións: * Queda prohibida en calquera


circunstancia a desnaturalización do contido da información. * O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización. Esta licenza non reduce ou restrinxe os


dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei


de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables. POLÍTICA DE COOKIES Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con


fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun


equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus


hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido. Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a


continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría. Tipos de cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activadas: *


Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web. * Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e


actívanse cada vez que se visita o sitio web que creou esa cookie. Tipos de cookies segundo a entidade que as xestione: * Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas


exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do


portal por parte das persoas usuarias. * Cookies de terceiros: para o caso deste Portal, aquelas que se envían desde un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.


Tipos de cookies segundo a súa finalidade: * Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do/a usuario/a polo Portal e o emprego dos servizos dispoñibles nel. * Cookie analíticas:


aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal co fin de introducir melloras  nel. * Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar


información e personalizar a experiencia das persoas usuarias como, por exemplo, o idioma escollido. DESCRICIÓN DAS COOKIES Este portal emprega as seguintes cookies: COOKIE TIPO


TEMPORALIDADE TITULARIDADE FINALIDADE JSESSIONID Técnica Sesión Propia Identificar a sesión activa de navegación. LFR_SESSION_STATE_#ID# Técnica Temporal Propia Identificador da persoa


usuaria no CMS. GUEST_LANGUAGE_ID Técnica Temporal Propia Garda o idioma principal da navegación. COOKIE_SUPPORT Técnica Temporal Propia Comproba o soporte para as cookies do navegador. _ga


Analítica Persistente Allea. Condicións do servizo. Distinción entre persoas usuarias. _gid Analítica Temporal Allea. Condicións do servizo. Distinción entre persoas usuarias. _ga_#id#


Analítica Persistente Allea. Condicións do servizo Mantén o estado da sesión. _gat_gtag_UA_#id# Analítica Temporal Allea. Condicións do servizo Almacena o identidicador único da persoa


usuaria. Outras cookies en uso por Google Analytics. Analítica, Personalización, Funcionalidade Persistente, Temporal Allea. Condicións do servizo Diferenzan ás persoas visitantes e analizan


o seu comportamento en liña. VISITOR_INFO1_LIVE Funcionalidade Temporal Allea. Condicións do servizo Permite detectar e resolver problemas co servizo. YSC Seguridade Sesión Allea.


Condicións do servizo Garantizar que as solicitudes de navegación proveñan dunha persoa e non doutros sitios. _GRECAPTCHA Seguridade Temporal Allea. Condicións do servizo Permite diferenciar


ás persoas dos bots. Outras cookies presentes ao facer uso dos servizos de Google. Funcionalidade, Seguridade, Analítica, Publicidade e Personalización Persistente, Temporal e Sesión Allea.


Condicións do servizo Melloran a seguridade e experiencia de uso das persoas usuarias na súa navegación. _rspkrLoadCore Funcionalidade Sesión Allea. Condicións do servizo Comproba a carga


do módulo de lectura. ReadSpeakerSettings Personalización Temporal Allea. Condicións do servizo Garda as preferencias de uso As cookies de terceiros indicadas no cadro e empregadas neste


portal son de dous tipos: * Analíticas: permiten a medición e análise estatística da navegación das persoas usuarias polo portal mediante o uso da ferramenta Google Analytics. A información


recollida por estas cookies é transmitida a Google de forma anonimizada, polo que estas non recollen datos persoais. En todo caso, se desexa rexeitar o seu uso, siga os pasos indicados en


Xestión das cookies. XESTIÓN DAS COOKIES Se desexa restrinxir, rexeitar ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo, suxerímoslle que modifique a configuración do seu navegador. Obteña


toda a información necesaria nas seguintes ligazóns: No caso de que decida rexeitar todas as cookies, informámoslle que determinados servizos ou funcionalidades do portal poderían non


responder correctamente.  PROTECCIÓN DE DATOS As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta


de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento


europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais. USO DE LINGUAS O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento


administrativo común das administracións públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas


relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán. LEI APLICABLE E XURISDICIÓN


Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso


do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.


Trending News

Governo da frança aumentará impostos em 2014

O ministro de Finanças da França, PIERRE MOSCOVICI, afirmou que o governo planeja arrecadar mais cerca de 6 bilhões de e...

Divisões na base aliada pressionam lula nas capitais

PETISTAS DUELAM CONTRA PSD EM BELO HORIZONTE, ENFRENTAM O PDT EM FORTALEZA E ARACAJU E APOIAM O PSOL CONTRA O MDB EM BEL...

O regime de partilha ainda é a melhor opção para o pré-sal

Com a possibilidade de novos leilões de lotes do pré-sal em 2020, muito tem se discutido sobre o melhor regime de explor...

Ação do caso rubens paiva é paralisada

Os procuradores do Grupo de Trabalho Justiça de Transição, do Ministério Público Federal, acabam de sofrer um novo revés...

Como regular o sono? Confira 5 dicas para melhorar a sua noite

Sua qualidade de vida está diretamente relacionada com noites de sono bem dormidas. O sono é o responsável por gerar equ...

Latests News

Aviso legal - xunta de galicia

INFORMACIÓN XERAL As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o “Portal') ...

06/10/2010 - Lista de falecidos

ExploreSábado, 24 de Maio de 2025ENTRAREncontre matérias e conteúdos da Gazeta do PovoNotíciasSaberÚltimasEditoriaisVoze...

Triticultura do pr tenta reverter corte

Entidades de representação dos produtores de trigo, como a Federação da Agricultura do Paraná (Faep) e a Organização das...

Um terço dos negócios abertos no país fecha em dois anos

Considerado o principal termômetro de desempenho dos pequenos negócios no Brasil, a TAXA DE MORTALIDADE de empresas, div...

UTFPR promove Feira de Cursos

A Universidade Tecnológica Federal do Paraná (UTFPR), campus Curitiba, promove na próxima quarta-feira a Feira de Cursos...

Top